domingo. 24.11.2024

Dez concertos secretos, con catro estreas de bandas e solistas en España, pecharán este domingo 23 o Sinsal

O público sinsaleiro partirá da Estación Marítima de Vigo e do embarcadoiro do Centro de interpretación de Rande (Meirande) para chegar á illa de San Simón, na que se celebrarán un total de dez concertos secretos nos catro escenarios do Sinsal SON Estrella Galicia. Artistas de Corea do Sur, Nixeira, Uganda, Colombia, Burkina Faso, Bélxica, Marrocos, Reino Unido, Arxentina e Galicia actuarán mañá na terceira e derradeira xornada desta edición do festival, cuxo primeiro directo será ás 13:45 horas, e no que se sucederán as estreas de bandas e solistas tanto en España como en Galicia.
Sinsal sábado 22 - Orquesta Clásica de Vigo © Olalla Lojo
Sinsal sábado 22 - Orquesta Clásica de Vigo © Olalla Lojo

O público sinsaleiro partirá da Estación Marítima de Vigo e do embarcadoiro do Centro de interpretación de Rande (Meirande) para chegar á illa de San Simón, na que se celebrarán un total de dez concertos secretos nos catro escenarios do Sinsal SON Estrella Galicia. Artistas de Corea do Sur, Nixeira, Uganda, Colombia, Burkina Faso, Bélxica, Marrocos, Reino Unido, Arxentina e Galicia actuarán mañá na terceira e derradeira xornada desta edición do festival, cuxo primeiro directo será ás 13.45 horas, e no que se sucederán as estreas de bandas e solistas tanto en España como en Galicia.

No escenario de Buxos FEST soará, ao longo da tarde, música tradicional, electrónica, pop, hip-hop, post-punk ou techno; mentres que no San Simón SON Estrella Galicia o público asistente poderá escoitar afro-funk, cumbia e tropicalismo, fuzz árabe e rock. O escenario Santo Antón volverá acoller unha estrea en España dun grupo de Corea do Sur que ofrecerá toda unha viaxe musical aos séculos  IV e VII; e, finalmente, no Santo Antón Acústico, un ensemble galego achegará un repertorio, en pases de 15 minutos, para celebrar o 300 aniversario d’As catro estacións de Antonio Vivaldi. En paralelo, ao longo da tarde, sucederanse as actividades vinculadas á programación divulgativa d’A Escola Sinsal e Descubre San Simón.

Dez concertos secretos, con catro estreas de bandas e solistas en España, pecharán este...
Comentarios