A Asociación de Actores e Actrices de Galicia
(AAAG) convoca os XXIV Premios de Teatro
María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro 26 de marzo no
Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos de
teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de
decembro de 2016 e o prazo de inscrición
iníciase hoxe, luns 16 de decembro, e pecha o 7 de xaneiro ás 15.00 horas.
Este ano, a organización introduciu unha
modificacións nas bases que regulan o funcionamento dos Premios de Teatro María
Casares. Para esta vixésima cuarta edición dos galardóns, poden optar as producións de teatro de actor en
galego estreadas en Galicia entre o 1 de Xaneiro e o 31 de decembro do año
2019, así como todas as persoas profesionais que participen nas montaxes
comprendidos nese período. Como gran novidade nesta edición de 2020, os
espectáculos que se estreen no último trimestre do ano (nomeadamente entre o 1
de outubro e o 31 de decembro), poderán escoller presentarse na edición de 2020
ou na edición de 2021. Esta modificación, solicitada en Asemblea Xeral da AAAG,
ten como obxectivo permitirlles aos espectáculos contar co suficiente
percorrido polos escenarios para garantir a súa visibilidade entre o censo de
votantes que cada ano escollen os gañadores dos galardóns.
Un censo de votantes que está conformado por
máis de 450 membros que teñen dereito a voto e que está conformado polo corpo
asociativo da AAAG, por finalistas e persoas gañadoras en edicións anteriores, programadores
e programadoras da Rede Galega de Teatros e Auditorios e membros da prensa e da
crítica teatral.
Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por
vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a
gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan
con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista,
actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección,
adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación,
escenografía, maquillaxe e vestiario.
Durante a gala, entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e darase a coñecer o
Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.