lunes. 25.11.2024

Na noite do domingo 20 ao luns 21 de setembro a casa do concello de Tui iluminarase de verde. Deste xeito o Concello de Tui súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, que en lugar o o 21 de setembro.

Dende hai anos o Concello de Tui colabora estreitamente con AFAGA, a Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia. Precisamente AFAGA desenvolve na antiga Escola de Chans en Randufe, obradorios de estimulación para persoas con Alzheimer. Amais en 2018 impartiuse na cidade o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes ou con discapacidade Cuidand@-me, e o ano pasado comezaron os obradoiros “Cultiva a mente” en cinco parroquias tudenses nos que participaron oitenta persoas.  Durante o estado de alarma o Concello de Tui e AFAGA estableceron un sistema de seguimento das persoas que estaban a participar neste programa.

Tui lembra a loita contra o Alzheimer