17 de febrero de 2020, 0:22
Nunha aposta pola
reciclaxe e a recollida selectiva o Concello de Tui, a través da concellería de
Medio Ambiente, vén de ampliar a recollida de aceite de cociña usado tanto no
centro urbano coma parroquias tudenses cun total de 27 colectores a dispor da
poboación.
Estes días están
a ser renovados os 13 colectores para a recollida deste produto que existían no
centro urbano, e están a colocados novos contedores nas distintas parroquias,
nun proceso que se prolongará até o mes de marzo. Conta xa co servizo Areas,
Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, e Caldelas.