viernes. 22.11.2024

Tui agarda esta fin de semana a miles de persoas nas festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, que se celebran até este luns, 17 de abril, Luns de San Telmo, festivo local na cidade.

A programación festival comezará mañá domingo coa Andaina de San Telmo que sairá ás 10 h praza da Inmaculada. O medio centenar de persoas inscritas realizarán  un percorrido polo centro urbano.

 Na mesma praza da Inmaculada haberá mañá un programa especial de radio con motivo dos 30 anos da Radio Municipal de Tui, no que se contará con parte das persoas que nestas tres décadas formaron parte desta emisora municipal, pero tamén haberá música en directo con Pancho Álvarez, Rockin Gina e Best Boy.

A de mañá domingo será a primeira das dúas xornadas nas que se vai celebrar a tradicional Feira Cabalar no barrio de San Bartolomeu e que congregará a milleiros de afeccionados ao longo destas dúas xornadas. O programa da feira mañá comezará coa Copa San Telmo de Horseball, unha mestura entre baloncesto, rugby e polo. Ás 12:30 h será a quenda do concurso de saltos, con salto de potencia de altura libre. A partir das  17:00 h terá lugar unha Exhibición-Concurso de enganche con limoneras, troncos, ponis, novel e children. Ás 19:00 h porá fin a esta primeira xornada un espectáculo ecuestre da man de Santi Serra Camps, adestrador de cabalos en liberdade con case 20 anos de experiencia.

Organizado pola Asociación do Traxe de Tui ás 12.45 h partirá dende a Glorieta de Vigo até a Praza de San Fernando o desfile exaltación de traxes tradicional, no que participarán numerosas persoas ataviadas con distintos traxes tradicionais.

Non faltará a música nesta xornada festiva cos concertos que ofrecerán na carpa da Corredoira a  Banda Cultural de Salceda de Caselas ás 14.45 h e Banda de Música Popular ás 18 h. Pero amais actuarán polas rúas de Cé Orquestra Pantasma ás 17 h e as 19 h e, e a charanga Cantos Somos ás 20 h.

Na rúa Compostela as orquestras Los Players e Satélites amenizarán a verbena a partir das 20 h, e na carpa da Corredoira estarán en concerto Los Jinetes del Trópico.

Ademñais mañá domingo na praza da Inmaculada contarase coa presenza dun fotógrafo da empresa Lab on Wheels que empregará unha técnica do século XIX coñecida coma o “colodión húmido”. Trátase dun proceso artesanal que consiste en facer unha fotografía formada de prata pura sobre unha placa de aluminio ou cristal. Este fotografo ambulante de Lab on Wheels  fará retratos con este sistema a todas aquelas persoas que o desexen, previo pago, segundo a tarifa do fotografo. O público poderá ver coma se toma a fotografía cunha cámara clásica, como se prepara artesanalmente cada placa e coma se revela diante dos clientes. 

Lembramos que amais na Sala de Exposicións Municipal pode visitarse a mostra ‘As Orixes da Fotografía en Tui” que tanto hoxe, coma mañá domingo e o luns abre de 12 h a 14 h e de 17 h a 21 h.

A gastronomía tamén está presente nas festas xa que até o luns celébrase a Festa do Meixón 2023 no Asador Paulo, El Molino, El Niño Trasto , Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo  Cabalo Furado, e Parador de Tui, previa reserva no propio establecemento.

Tui agarda miles de persoas na fin de semana grande das Festas de San Telmo
Comentarios