A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de primaria dos catro concellos consorciados.
O presidente do Consorcio de Augas do Louro e alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Tui, Ana María Núñez, fixeron entrega dos agasallos aos/as gañadores/as: unha tablet para os que se fixeron co primeiro posto en cada concello e un smartwatch para os segundos e terceiros.
Os premiados este ano foron:
SALCEDA DE CASELAS
1. Martín Díaz – CEIP Altamira
2. Juan Zamora – CEIP Altamira
3. Bruno Rocha - CEIP Altamira
O PORRIÑO
1. Grecia Valentina Álvarez – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
2. Alma Fernández - CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
3. Irene Fernández CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
MOS
1. Óscar Ucha – CEIP Atín Cela
2. Juan José González – CEIP Atín Cela
3. Isaac Nunes – CEIP Petelos
TUI
1. Evelyn Montero – CEIP Nº 2
2. Noa Fernández – CEIP Nº2
3. Hugo Álvarez – CEIP Pazos de Reis