domingo. 05.05.2024

Ponteareas fará unha ofrenda floral na honra ao escritor, ilustrador e pensador Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co gallo do seu aniversario. A homenaxe terá lugar o vindeiro domingo 30 de xaneiro a partir das 12.00 horas.

A ofrenda floral realizarase na placa da avenida que leva o nome do escritor.  O acto contará co acompañamento musical do grupo de gaitas Naiama, que tras o acto ofrecerá un breve concerto na Praza da Perillana.

Ponteareas completa esta homenaxe cunha exposición de láminas das Cousas de Castelao en seis edificios municipais e máis de 40 establecementos comerciais. Os comercios participantes na iniciativa repartirán rascas entre o público con cada compra cos que os ponteareáns e ponteareás poderán gañar camisetas cunha das ilustracións do escritor galego. Ademais, o ilustrador afincado en Ponteareas Pablo Prado, Fuco, impartirá este venres 28 na biblioteca municipal un obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego. Dirixido a persoas a partir de 11 anos, o curso será de balde, de 18 a 20 h e con inscrición previa en [email protected] ou no 986 660 765.

Ponteareas homenaxea a Castelao