lunes. 06.05.2024

Ponteareas aposta pola construción dunha vila máis sostible e anuncia que vén de conseguir o apoio do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) para a colocación de placas fotovoltaicas no edificio do mercado municipal.

“Apostamos por unha vila máis sostible que produza a súa propia enerxía eléctrica de orixe renovable e que permitirá o autoabastecemento do mercado municipal e de outros edificios municipais”.

A vila comenzará antes de xuño a xerar nos seus edificios municipais enerxía eléctrica a partir do sol, unha fonte enerxética renovable e gratuita. O Mercado Municipal será o primeiro edificio no que se instalarán os módulos solares fotovoltaicos.

Esta instalación estará composta por 86 módulos fotovoltaicos de 535 Wp formando un total de 46,01 kWp de potencia, e contribuirá a deixar de emitir máis de 410 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera o equivalente a 3.416.666 kms percorridos no coche.

A enerxía producida abastecerá tamén á Biblioteca Pública e ao Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas xerando un aforro de máis do 50% na factura eléctrica.

O INEGA subvenciona, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2020, o 80% do custe por un valor de 37.558€ e o Concello de Ponteareas aportará a cantidade restante, tendo a instalación un custe total de 46.948€.

O Concello de Ponteareas en colaboración coa empresa local Solarz (www.solarz.es), deseñou e presentou ao Instituto Enerxético de Galicia este proxecto, obtendo parte dos fondos necesarios para levar a cabo a instalación.

Actualmente, a enerxía solar fotovoltaica é a forma máis económica de xerar electricidade polo que cada vez máis concellos apostan por contar con instalación deste tipo nos seus edificios públicos. Un paso importante para conseguir un futuro verde e sostible.

Con esta iniciativa, ademais, o Concello da un paso máis na consecución dos obxectivos do Pacto das Alcaldías polo Clima e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030.

Ponteareas, fotovoltaica