viernes. 22.11.2024

Os ritmos folclóricos serán os protagonistas da noite de hoxe en Ponteareas. Ás 20.30 horas comeza o Festival Folclórico que organiza a A.C “Os Muíños de Oliveira” coa actuación do mesmo grupo e tamén da A.C “Lembranzas da terra” de Guillarei. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, afirma que este evento é “unha gran oportunidade” para desfrutar do “gran talento musical e artístico que atesouran as asociacións culturais de Ponteareas”.

No Concello queren agradecer a “Os Muíños de Oliveira” o seu gran traballo para organizar este festival e para potenciar a cultura na vila. A Asociación Cultural ten case 30 anos e está moi activa. Organizan todo tipo de actividades e concertos que dinamizan en gran medida a vida do rural de Ponteareas.

O edil de Cultura anima á veciñanza a asistir e lembra que a entrada ao festival é de balde ata completar aforo. Colabora neste evento, ademais do Concello, a Deputación de Pontevedra.

Ponteareas a ritmo folclórico