A coral polifónica de Arbo celebra o seu 25 aniversario. O acto terá lugar o 13 de novembro no Auditorio Multiusos de Arbo ás 18.00 horas no salón de actos do auditorio Gil Davila de Arbo. Nesta celebración estará extraordinariamente acompañada da colaboración especial da Banda Municipal de Música de Arbo. "Será un concerto extraordinario" afirman os responsables da Polifónica.
A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996, coa finalidade de contribuír á difusión do canto tradicional e popular no seu máis pura esencia, creando unha unión con outros pobos e outras culturas, contando sempre co apoio do Concello de Arbo
Esta composta por voces mixtas, e dende o seu inicio esta dirixida por D. Víctor Fernández Nogueiras, gran profesional da música e gran experto en dirección de masas corais.
A Coral de Arbo empezou a súa actividade participando en misas e concertos a nivel local e comarcal.
A medida que a súa formación foise consolidando, as súas actuacións foron máis relevantes, chegando a percorrer moitos pobos e cidades de Galicia e moitas outras de España.
Formou parte da Organización de Encontros Internacionais do Baixo Miño, que cada ano celébrase en distintas cidades de Galicia e Portugal.
Realizou varios concertos acompañando á banda municipal de Arbo, interpretando concertos liricos, opera, musicais,e etc... sendo colaboradora no Certame Galego de Corais Vila de Arbo que organiza o Concello e noutros moitos actos.