Goberno
municipal e panadeiros do Porriño valoraron hoxe a posibilidade de realizar no
mes de outubro, unha Mostra do Pan que palíe a suspensión da quinta Feira
anual, cancelada pola pandemia do Covid-19.
A
mostra tería lugar nun único día, probablemente un domingo, nun recinto pechado
que podería ser o Pavillón Municipal, o que permitiría establecer controis de
acceso e un circuito de percorrido de entrada e de saída para facer cumprir a
garantías sanitarias que se establezan para entón..
Esta
posibilidade valoruse na reunión que Cami Moreira, concelleira de Cultura e
Festas e Sergio Casal, concelleiro de Comecio mantiveron cos representantes do
sector de panadeiros do Porriño, acompañados por Noelia Conde, xerente da
asociación empresarial ACIPOR. Acudiron Luis Miguel Iglesias, de “A Maquía”;
José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende”
En
vindeiras semanas, ambas partes madurarán esta e outras posibilidades de
colaboración. Entre elas, acordouse que a Concelleira de Cultura dea un pulo ao
selo “Pan do Porriño” que está actualmente en proceso de certificación. Sería
con accións promocionais que incluan “algún tipo de exposición referida por
exemplo á historia dos fornos de pan na vila”, manifestou Cami Moreira, ao
termo da reunión.