domingo. 24.11.2024

O Concello de Tui vai contratar a 15 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concello 2021. A través desta subvención da Deputación contratarase a estes traballadores para postos destinados a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

O Concello de Tui contratará no próximo mes de marzo a un condutor oficial de segunda durante 9 meses e medio, a xornada completa, e a dous animadores turísticos cun contrato coa mesma duración e tamén a xornada completa. No mes de abril o Concello de Tui contratará a dous albaneis oficiais de segunda por 9 meses a xornada completa, un oficial cerraxeiro de segunda por 9 meses, tamén a xornada completa, e un oficial carpinteiro de segunda a xornada completa por 9 meses. Amáis no mes de abril tamén se contratará a 8 peóns de horticultura cun contrato por 8 meses de duración en modalidade de xornada parcial (30 horas a semana).

Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

Os perfís, xornada, a duración e as datas de inicio previstas para as 15 contratacións son as que indicamos a continuación:

Nº traballadoresOcupaciónXornadaData prevista inicio/ duraciónCodigo ocupación
1Oficial 2ª condutorcompleta15/03/2021 (9,5 meses)84 321042 categoría 00
2Oficiais 2ª albanelCompleta01/04/2021 (9 meses)71211015 categoría 50
1Oficial 2ª cerraxeiroCompleta01/04/2021 (9 meses)73 121051 categoría 50
1Oficial 2ª carpinteiroCompleta01/04/2021 (9 meses)71 311049 categoría 50
8Peón horticulturaParcial (30 horas semana)01/04/2021 (8 meses)95 121019 categoría 80
2Animadores turísticosCompleta15/03/2021 (9,5 meses)37 241016 categoría 00

O Concello de Tui precisa 15 traballadores