A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de rematar a elaboración do orzamento municipal para 2023, documento que o xoves ultimou co departamento municipal de Intervención e onte lles foi entregado aos grupos da oposición para ser levado a aprobación ao vindeiro Pleno. Trátase dun orzamento que mantén a contía do actual en vigor, que alcanza o importe dos 13 millóns de euros tanto no capítulo de gastos como no de ingresos, e que se caracteriza pola baixada de impostos e pola presencia xa do novo macroproxecto sociosanitario do Rebullón, pois a construción da Escola Infantil A Galiña Azul iniciarase o ano que vén e, para elo, a Xunta destina unha partida de 507.000 euros.
A este respecto Arévalo, rexedora local mosense, declarou que "unha vez máis, tras 14 anos consecutivos, presento o orzamento municipal en tempo e forma, antes do inicio do novo exercizo económico. Para o 2023 levaremos a cabo unha baixada de impostos no ano 2023 polo tipo impositivo do IBI. Baixamos o tipo impositivo e mantemos, unha vez máis, os impostos e taxas municipais conxelados. Ademais bonificaremos o ICIO para fomentar a instalación de enerxías renovables".
Un ano máis, a partida que máis sobe e a máis elevada do orzamento é a de Política Social. "Quero destacar como fundamental, unha nova subida na partida, para min, máis importante do orzamento, Política Social, que pasa de 2.057.662,44 euros en 2022 a 2.371.216,07 euros en 2023 (313.553,63 euros máis). Subida que vén motivada polaconstrución da nova escola infantil proxectada para o novo macro complexo sociosanitario que se instalará no antigo hospital do Rebullón. Será a 4ª Galiña Azul no municipio e suporá o arranque do proxecto sociosanitario do Rebullón. A súa construción iniciarase durante o vindeiro ano e para elo a Xunta de Galicia fará ao Concello de Mos unha trasferencia económica que ascende a 507.000 euros. Deste xeito o novo Rebullón xa está presente no novo orzamento de 2023, tanto no presuposto municipal como no da Xunta de Galicia, xa que as consellerías de Política Social e Igualdade inclúen tamén nos seus orzamentos os proxectos do Centro de Coidados Intermedios e do Centro de Saúde, respectivamente, do futuro macrocomplexo sociosanitario do Rebullón", salientou a alcaldesa.
Outros datos a destacar do novo orzamento mosense son que a partida orzamentaria dedicada a persoal incrementarase nun 3,5% polo acordo estatal entre Goberno Central e sindicatos nasretribucións dos empregados das Administracións Públicas.
No tocante ao emprego, as políticas de fomento do emprego son unha das prioridades do goberno local, e por iso se reforza a partida a pesares de non ser unha competencia municipal, e séguese a apostar por traballar en políticas para desempregados. A partida de fomento do emprego ascende de 250.814,55 euros en 2022 a 257.147,14 euros en 2023.
Ademais tramítanse cada ano axudas coa Xunta de Galicia, logrando que a administración autonómica invista entre millón e millón e medio de euros ao ano en Mos para o desenvolvemento de accións de formación e emprego (obradoiros, programas integrados, accións formativas, Aula Mentor… etc.). Para o ano que vén xa está concedido desde a administración autonómica o 8º Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos.
A partida de Educación sube tamén, pasando de 495.255,50 euros en 2022 a 506.836,10 euros en 2023, potenciando a actividade extraescolar de inglés para a obtención do Certificado Trinity nasescolas, triplicando a contía dedicada ásaxudaspara comedor escolar, duplicando a de material e incrementando tamén a da Aula Madruga.
Mantense así mesmo a cantidade fixa anual que comezou no orzamento de 2022 para seguir promocionando, apoiando e estando ao carón da nosa hostalería. Destínanse a este fin 10.000 euros en 2023. A crise sanitaria da COVID-19 marcou un antes e un despois para este sector.
Mos terá, ao igual que en 2022, e dándolle continuidade a este, un novo plan de inversións en 2023, co que seguiranse dando pasos no Mos Humanizado. Nel priorizaanse certas obras polo momento de inflación actual.
Neste Plan Mos Humanizado incluiranse en 2023 as obras da Senda Porselo-Brea, o Carril Bici Alto de Barreiro-Santiaguiño (que xa está iniciada a obra pero continuará durante o ano que vén), a humanización da contorna da Capela de San Eleuterio, o Plan Hurbe de humanización do interior da Urbanización de San Rafael. E ademáis reservarase unha partida de 30.000 euros para a compra de terreos para a mellora da estrada Pereiras-Tameiga.
Seguirase a traballar tamén durante o próximo ano en dous proxectos de difícil execución pola necesidade de cesión de terreos por parte dos propietarios, as obras de mellora nas estradas de: San Cosme e Segundo Pampillón.
En materia de saneamento entre Augas de Galicia, o Consorcio de Augas do Louro e algunas obras urxentes que acometerá directamente o Concello (en 2023 investirá 161.346,97 euros en saneamento), posto que xa se conta coas autorizacións pertinentes, alcanzarase casi o saneamento integral no municipio. Entre as 3 administracións mencionadas finalizarase casi a acometida do saneamento nas parroquias de Louredo e Sanguiñeda, e no Barrio de Atín (Cela).
En cuestión de servizos, duplicarase o importe do contrato da recollida de lixo sen que implique suba da taxa, conxelada desde 2012, para a veciñanza. O importe do contrato actual aínda en vigor ascede a 525.149,94 euros ao ano (sen IVE), mentres o novo elévase ao dobre, alcanzando os 1.024.847,34 euros anuais (sen IVE).
Nidia Arévalo explicou tamén que "por outra banda trasladarémoslle á Xunta de Galicia melloras a acometer en diferentes infraestruturas deportivas municipais: melloras en pavillóns e alumeado do Campo de Fútbol de Cototorrón. Así como a obra de instalación do sistema de climatización para o Pazo de Mos. E a ampliación do Parque da Auga da Pesqueira acometerase con cargo aos fondos que lle corresponden á administración local mosense do Plan Concellos".
Seguiranse mantendo as partidas habituais para melloras de viais municipais (1.455.739,96 euros), alumeado (822.000 euros), campos de fútbol (32.000 euros) e Piscina Municipal (cuxa partida sigue subindo: pasa de 299.203,63 euros en 2022 a 303.211,69 euros en 2023); e promoción cultural (203.906,06 euros). Respecto á mellora de viais municipais acometerase o habitual Plan Anual de Asfaltados que se leva a cabo con financiación tanto doutras administracións como de fondos propios municipais do Concello.
A rexedora local mosense concluiu informando de que "tamén en Cultura darémoslle continuidade á subida do Plan Cultural que se experimentou neste 2022, destinando unha contía de 37.000 euros, 12.000 euros máis que en 2021, ano no que a partida do Plan Cultural ascendeu a 25.000 euros. E mantemos tamén as habituais subvencións deportivas, culturais, e a entidades sociais. Incluíndo unha nova destinada a DisCamino, para que as persoas con discapacidade de Mos podan participar nas actividades e iniciativas organizadas por esta asociación".