Aproxímase unha
fin de semana navideña plagada de actividades en Mos. Mañá sábado 28 e o
domingo 29 de decembro, durante todo o día (en horario de mañá e tarde) o Club Xadrez
Mos organiza a VI edición do Torneo de Nadal Sub-2200. O Centro
Dotacional de Torroso acollerá a 100 participantes nunha das últimas probas
deste ano 2019. Do mesmo xeito que a pasada edición, tratarase dunha proba de
partidas clásicas, válidas para Clasificación Internacional, con ritmo de
reflexión de 60 minutos por xogador/a.
Tamén o sábado ás 18.00 horas no Pazo de Mos haberá unha actividade de
dinamización lingüística do Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística
da Xunta de Galicia titulada Os Merlos do Amencer, a cargo de Senén
Vaamonde, Manuel Dopico e Alfredo Dourado de A Roda.
E o domingo 29 de decembro ás
17.00 horas en Puxeiros, chega un dos grandes atractivos da programación
navideña mosense, o Certame de Rondallas de Mos, durante o que
desfilarán e actuarán, polo seguinte orde, as catro rondallas mosenses: en
primeiro lugar a Rondalla de Herville, seguida de Rondalla de Santa Eulalia de
Mos, a Rondalla de Torroso; e por último pechará o festival a Rondalla do
Santiaguiño, Guizán.
Tras gozar do espectáculo
ofrecido polos rondalleiros e rondalleiras as familias poderán achegarse ata o
Auditorio do Centro Dotacional de Torroso onde ‘La Murga Teatro’ presentará ‘Caperucita
Roja, la versión más loca de la historia’ con guión e dirección de Alfredo
Ávila. Unha representación dirixida ao público infantil que fará as delicias
dos cativos e dos seus pais. Será o domingo 29 de decembro ás 19.30 horas con
entradas a 7 euros, á venda na cafetería do propio Centro Dotacional.