O alumnado de Ponteareas participou no VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia, celebrado este venres no Salón de Plenos da Cámara galega coa intervención de representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente de Redondela, Castrelo de Miño, Ourense, O Barco de Valdeorras, Cabanas, Porriño, Teo e Moeche, ademais do noso. Tamén participaron a presidenta de UNICEF-Comité Galicia, Myriam Garabito; e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta, Amparo González sendo rebicidos polo vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo.
Este ano se celebra o 30 aniversario da Convención sobre os dereitos do neno, un tratado internacional que “supuxo, en si mesmo, un paso de xigante”, e que cómpre protexer e impulsar.
e de alcalde e concelleira de Ensino Cristina Fernández e o concelleiro de Mocidade Miguel Bouzó.
“Por iso son tan importantes os procesos de participación postos en marcha nos nosos concellos, porque serven, igual que o traballo de preparación que fixemos para o día de hoxe, para visibilizar as problemáticas e as necesidades reais que ten a infancia e a adolescencia …”
No Parlamento o alumnado falou de participación, de educación, de cambio climático, da probreza e de protección sendo, xunto ao tema presentado por Ponteareas, os asuntos que máis preocupan á mocidade.
Esta nova edición do Foro UNICEF-Parlamento de Galicia contribúe a outorgar visibilidade ao papel desta axencia da ONU que traballa na defensa dos dereitos da infancia. Con actividades como a que hoxe se desenvolveu no Parlamento contribuímos a facer efectivo un dos dereitos consagrados na Convención sobre os dereitos do neno: o dereito a expresar as súas opinión e a que estas se teñan en conta.