As carrozas mosenses xa están listas para recibir o vindeiro domingo a
Melchor, Gaspar e Baltasar. A temática que ambienta as carrozas da Cabalgata de
Reis deste ano é ‘La Vuelta
Ciclista a España’.
A comitiva real arrincará o 5 de xaneiro ás 18.00 horas desde o concesionario Renault en Sanguiñeda e concluirá, como nos últimos anos, na explanada da Discoteca Queen, onde estará instalada unha gran carpa.
O Belén Vivinte organizado pola AVV Chan do Bosque estará instalado na carpa onde os persoaxes do nacemento recibirán a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Catro serán as asociacións que forman parte da comitiva real e que participan no tradicional concurso de carrozas: CRC de Torroso, A.V.V. Nosa Terra de Pereiras, CCS de Herville e CC Abrente.
Durante o percorrido da Cabalgata, as suas Maxestades de Oriente repartirán un total 1.000 quilos de caramelos, doces que serán sen gluten, aptos para persoas celíacas, alérxicas e/ou intolerantes. Tras o desfile, actuarán as 4 rondallas de Mos na seguinte orde establecida tras sorteo: CRC de Torroso, CCSD Santa Eulalia de Mos, CCS de Herville e Asociación Rondalla Club Santiaguiño Guizán.
A deste ano será unha Cabalgata de
Reis moi especial, xa que estará inspirada e ambientada en ‘La Vuelta Ciclista
a España’, temática na que se basean os deseños das carrozas participantes.
No ano
2020 o municipio mosense acollerá, por primeira vez na historia, a saída dunha
etapa de ‘La Vuelta Ciclista a España’. Será a única etapa que haberá na provincia
de Pontevedra e unha das 3
etapas que haberá en Galicia. A etapa con saída desde Mos será número 18 e terá lugar o xoves 3 de setembro ás 13.00 horas, e
desde o Concello de Mos e a organización de ‘La Vuelta’ estase a estudar cal será a ubicación exacta desde onde se
producirá a saída.
É por elo
que desde o Concello de Mos decidiuse tamén ambientar a Cabalgata de Reis neste
evento deportivo tan destacado.
A concentración previa ao desfile das carrozas e rondallas participantes terá lugar no concesionario da Renault en Sanguiñeda, ás 17.30 horas, para ás 18:00 horas desfilar cara ó final da Avenida de Sanguiñeda. As carrozas e rondallas seguirán o orde que quede establecido no sorteo a realizado tras o remate do prazo de inscrición dos participantes.
No apartado de carrozas, o Concello de Mos concede unha axuda económica de
800€ ás carrozas participantes. Ademais o concurso de carrozas consta de tres
premios: 1º Premio de 500€, 2º Premio de 300€ e 3º Premio: 200€.
No apartado de rondallas, estas actuarán ó longo do percorrido do desfile
así como unha actuación individual ó remate da cabalgata de 10 minutos. Concédeselles
unha axuda económica de 1.000€ a cada unha. No apartado de Belén Vivinte concédese
unha axuda económica de 700€ á asociación encargada de recrear o Belén.