A Asociación Cultural San Martín de Tameiga oraniza o seu Día d@ Soci@ o sábado 23 de xullo en Costoias.
Tratarase dun encontro moi especial no que o público poderá gozar desde exposicións ata demostracións deportivas e musicais, maxia, teatro, un bo xantar e actuación estrela da fadista portuguesa María do Ceo.
A partir das 10.30 horas da mañá haberá exposicións de pintura, coiro, das Palilleiras de Mos e demostracións de Zumba e pandereteiras. A mañá estará amenizada musicalmente a cargo da “Charanga Os Charamujas”.
Ás 14.00h celebrarase o xantar veciñal e, tras el, o “Mago Marco” ás 17.00h, e ás 18.00h, Teatro: “QUE2”.
A parte máis solemne da xornada chegará ás 19.30h cunha merecida homenaxe aos presidentes anteriores da Asociación Cultural San Martín de Tameiga.
Cara ao final da tarde, ás 21.30h, chegará o concerto de “María do Ceo – A Fadista”. Trátase da actuación estrela do día. Unha artista luso/galaica que dará un concerto de Fado e canción Galega no que achegará a todo o público asistente os vínculos coa Lusofonía.