A romarÃa do Monte Castelo de Pesqueiras, Salvaterra de Miño, congregou máis de medio millar de romeiros e romeiras, segundo informou a DL-G a organización. Non só de Pesqueiras, a parroquia organizadora, senón de moitas outras parroquias da comarca.
A procesión de subida coas 8 imaxes convidadas xunto coa da Virxe da Asunción e da Ascensión do Señor foi un gran acto de fe e de piedade por parte dos fieis que acompañaban as súas advocacións, ao igual que a procesión de baixada, pola tarde, do monte.
A capela cumprÃa 100 anos trala última remodelación. Por iso, cando a procesión pasaba baixo un arco que lembraba tal data, 1923-2023, viviuse un momento moi emocionante. As imaxes foron honradas con pétalos de flores que se lanzaron sobre elas a modo de homenaxe.
Especial mención merece a imaxe da Nosa Señora das Dores de Tortoreos e os seus fregueses que estiveron presentes tanto na subida coma na baixada do Monte Castelo.
Celebrou a santa Misa o presbÃtero LuÃs Pose Regueiro, párroco de Alxén, Arantei, Porto e Cabreira. Coa capela chea coas imaxes, todo o público tivo que seguir a santa Misa trala reixa e durante toda a celebración, contan testigos, mantÃvose un gran silencio que non se recorda en moito tempo.
Os romeiros e romeiras quedaron a xantar nas mesas dos merendeiros do monte. Todas ocupadas. Outros optaron por levar as súas mesas e cadeiras. Os 300 panos de cabeza que a organización puxo á venda esgotáronse moi cedo. Os postos de venda tamén ofreceron con gran éxito os seus produtos, como o caso dun polbeiro.
A Asociación Cultural Santa Mariña de Pesqueiras, Salvaterra de Miño, organizadora da RomarÃa, valora moi positivamente a resposta dos romeiros e romeiras e xa empeza a preparar a RomarÃa de 2024.