viernes. 22.11.2024

O paseo da Corredoira de Tui acollerá o sábado 21 e o domingo 22 de marzo, de 10 a 20 h, a Feira de Oportunidades de Tui organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Este evento foi

presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de

Tui, Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio, Juan Carlos Blanco, presidente, Manuel

Santos, vicepresidente e Quina González vogal de ACITUI.

O alcalde,

Enrique Cabaleiro, amosou o seu recoñecemento a ACITUI polo traballo que

realizan para potenciar o comercio local. Tamén deu conta do traballo que o Concello

está a realizar para crear unha contorna urbana máis amable que viabilice e promova

o comercio local. Tamén lembro Enrique Cabaleiro que “o comercio forma parte da

nosa historia, así foi dende os orixes da cidade e un plus de responsabildiade

para todos nós que iso siga sendo así”.

A concelleira de

Comercio, Ana Mª Núñez, explicou o concello colabora na feira dentro das

actividades de impulso e dinamización do comercio local.

Juan Carlos Blanco,

presidente de ACITUI, indicou que tras un par de anos volven recuperar este

evento que amosará na rúa os produtos dos comercio local, que ao tempo

aproveitará para eliminar os stocks.

Quina González foi a encargada de explicar que na Feira de Oportunidades participarán 20 comercios de Tui e da contorna que achegarán produtos de téxtil, calzado, complementos,…tamén haberá un posto de alimentación vegana e estará presente a Protectora de Animais Aloia. Cada comercio ofertará os seus produtos nunha carpa blanca de 3 x 3 metros co que será unha feira máis vistosa. Para darlle tamén un carácter festivo haberá actividades como actuacións musicais, animación infantil, inchables, exposición de coches antigos e a presenza de Mickey e Minnie.

Los comerciantes tudenses organizan una Feria de Oportunidades