domingo. 24.11.2024

A programación  dan comezo ó día 23 de outubro coa Deporuta organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello. As inscripción realizaranse na páxina web da Deputación de Pontevedra

 O día 30 DE OUTUBRO a partir das 17:00 horas temos o noso tradicional MAGOSTO POPULAR na Praza do Concello donde haberá castañas, chourizos asado,  música e xogos.

Entre a programación do outono cultural, reservanse os días 31 de outubro, 19 de novembro e 10 de decembro para as actividades infantiles dirixidas aos máis cativos.

O 31 de outubro,  a  Festa de Samaín, no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, será a actividade terrorífica do outono:  pola maña de 10:00horas a 13:00horas: Obradoiros, xincana e conta contos terroríficos  e de 17:00horas a 20:00horas: Concurso de Disfraces, Animación Musical, Larpeiradas de Samaín, Baile, Xogos e Festa. As incripcións para participar nos obradoiros da maña se farán nas oficinas municipais do Concello de Arbo. O 19 DE NOVEMBRO o auditorio do Centro Multiusos acolle ás 18:00 horas “OS BOLECHAS” e no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), No marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL),  o 10 DE DECEMBRO ás 18:00 horas  teremos a obra de  TEATRO:  “AÍ FALACHES, CASTELAO” , no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo.

O 13 DE NOVEMBRO a Coral Polifónica esta de aniversario e o celebrará a partires das  18:00 horas  cun corcerto acompañados pola Banda de Música de Arbo. O 26 DE NOVEMBRO a partir das 20:00 horas volver o  “CONCERTO DE SANTA CECILIA”, organizado pola Banda de Música de Arbo coa colaboración do Concello.

A  “I CARREIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, terá lugar o  27 de novembro. A  saída e a meta será dende a  PRAZA CONSISTORIO. A inscrición esta aberta a toda a poboación, establecéndose categorías e itinerarios en función da idade.

A Festa de Samaín abre o outono cultural arbenser
Comentarios