A Asociación Virxe do Carme de Sela organiza a tradicional Festa da Colleita na Feira en Sela, no municipio de Arbo ós días 11 e 12 de outubro.
A xornada Festiva arranca o martes día 11 de outubro ás 20:00 horas coa actuación do DJ. Deivis e Pégate, mentras podes degustar chourizos asados de maneira tradicional.
O mércores 12, o día grande deste evento ás 11:00 horas misa solemne na honra a Santa Isabel e San Martiño e ofrecemento dos froitos da colleita. A partir das 12:00 horas sesión vermuth con pulpo, degustación de viño novo amenizado pola Charanga Noroeste.
Ás 17:00 horas tradicional Desfile de Tractores adornados con froitos e motivos da colleita e agricultura, percorreran as rúas da parroquia é as 18:00 horas o VII Concurso de Postres Caseiros.
O fin da xornada a Asociación ofrecerá chocolate gratis para todos os asistentes.
ANTIGUIDADE, ARRAIGO E TRADICIÓN
A Festa da Colleita é una vella tradición que se remonta á década dos anos 70 do pasado seculo. Segundo os máis vellos da parroquia comezou no ano 1972 coa finalidade de ofrecer como agradecemento a Santa Isabel e San Martín os productos da colleita do outono.
Os participantes son veciños e veciñas da parroquia de Sela, que pouco a pouco, e co transcurso dos anos, foron sumando participantes de toda a vila de Arbo, doutros concellos limítrofes e do país veciño, Portugal.
A celebración xira en torno aos froitos propios da terra cultivados polos campesiños. Durante o oficio relixioso e a procesión, ocupan un lugar destacado as medas de palla, as espigas de millo e as cabazas colocadas nas paiozas, a augardente e outros licores propios, en clara alusión ao ambiente rural e tradicional que se pretende evocar.
Durante toda a xornada un augardenteiro destila bagazo que ofrece aos visitantes, xunto con postres caseiros e viño novo, mentres desfrutamos do desfile de tractores, que substitúen aos carros de bois dos primeiros anos, adornados polos lugareños para facer un percorrido pola parroquia e dar así a benvida ao outono.
"A colleita" é un evento onde a veciñanza participa unida para amosar que Sela é unha parroquia singular, ao igual que a súa Festa, única en toda a comarca do Condado-Paradanta.