domingo. 24.11.2024

Elisabeth Soliño, la mosense subcampioa Galega de Hípica en Salto de Obstáculos

Elisabeth Soliño comezou no mundo da hípica con 13 anos, fai 4, nun campamento no mosense Clube Hípico Alazán. Posteriormente pasou a adestrar no Club Hípico Los Arroyos. Logo, con 14 anos, deu o salto á competición máis profesional da man da súa actual adestradora, Paula Asla. Conseguiu o seu 1º premio importante con 15 anos na Copa Galega de 2019, na categoría de Ponis D. Ten varios premios de diferentes concursos, tanto dentro de Galicia, (CEMAR, ALAZAN, como o conseguido este mesmo ano en Zamora onde fixo podium os tres días do concurso).
undefined

Este xoves celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a Elisabeth Soliño Okutu, mosense de 17 anos e veciña da parroquia de Dornelas que vén de erixirse Subcampioa da Copa Galega de Hípica na categoría Xuvenil de Salto de Obstáculos.

Fíxoo co seu Cabalo Johnnie Walker (co que compite desde xuño de 2021) e quedando ás portas da medalla de ouro pois fixo un tempo de 68,01, e a gañadora, Sofía Quijada Mariño, mellorouna en moi pouco, facendo un tempo de 67,49.

Elisabeth Soliño con la alcaldesa de Mos.
Elisabeth Soliño con la alcaldesa de Mos.

A IV Copa Federacuión Galega de Salto de Obstáculos celebrouse en Mondariz en Cemar, organizada pola Federación Galega de Hípica do 6 ao 10 de xullo.

No Concello, onde foi recibida pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e demais membros da Corporación Municipal, Elisabeth estivo acompañada pola súa familia, polo Vicepresidente da Federación Galega de Hípica, Gonzalo Autran Castel, pola súa adestradora, Paula Asla Tesla, e polo dono da hípica na que adestra, o Centro Ecuestre Paraños, José Rodríguez.

Elisabeth Soliño comezou no mundo da hípica con 13 anos, fai 4, nun campamento no mosense Clube Hípico Alazán. Posteriormente pasou a adestrar no Club Hípico Los Arroyos. Logo, con 14 anos, deu o salto á competición máis profesional da man da súa actual adestradora, Paula Asla. Conseguiu o seu 1º premio importante con 15 anos na Copa Galega de 2019, na categoría de Ponis D. Ten varios premios de diferentes concursos, tanto dentro de Galicia, (CEMAR, ALAZAN, como o conseguido este mesmo ano en Zamora onde fixo podium os tres días do concurso).

En tan so 4 anos, esta moza mosense de Dornelas que xa ten o seu palmarés previo na categoría de Ponis, está entre as mellores de Galicia, como vén de demostrar coa prata obtida na competición autonómica disputada o pasado mes de xullo en Mondariz.

Elisabeth Soliño, la mosense subcampioa Galega de Hípica en Salto de Obstáculos
Comentarios