viernes. 22.11.2024

Día Internacional dos Bosques

Á plantación asistiron uns 70 nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Altamira de Salceda. Os escolares participaron na creación dun arboreto forestal con fins educativos e formativos, cunha plantación inicial de 20 especies arbóreas.
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta mañá no acto, en terras da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Soutelo e con planta dos viveiros públicos da Xunta.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta mañá nun acto de plantación en terras da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Soutelo, no concello de Salceda de Caselas, co gallo da celebración do Día Internacional dos Bosques.

Neste acto, o director xeral puxo en valor este monte, propiedade dos veciños de Soutelo dende o ano 1980, e cunha superficie de 98 hectáreas. Así, conta coa certificación da xestión sostible, o que permite garantir que a xestión dos montes se fai de xeito socialmente responsable, economicamente viable e ambientalmente sustentable.

Á plantación asistiron uns 70 nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Altamira de Salceda. Os escolares participaron na creación dun arboreto forestal con fins educativos e formativos, cunha plantación inicial de 20 especies arbóreas.

En total, hoxe plantáronse unhas 60 árbores de especies coma o carballo, o piñeiro e a cerdeira, entre outras, provenientes dos viveiros públicos de San Breixo (Guitiriz) e A Falmega (Oroso).

Previamente, os rapaces participaron nunha charla divulgativa da man do distrito XVIII Vigo-Baixo Miño, sobre a importancia das árbores e os seus beneficios e tamén puideron coñecer de preto o funcionamento dunha motobomba. Cabe sinalar que dous terzos do territorio galego -máis de 2 millóns de hectáreas- son forestais, das que preto de 1,4 millóns son arboradas.

Día Internacional dos Bosques
Comentarios