O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, participou esta mañá no acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención da Xunta de Galicia.
Foron nove meses de actividade nos que os vinte alumnos/as aprenderon un oficio e acometeron importantes obras de mellora no municipio. O obradoiro –dirixido a persoas desempregadas- organizábase en dúas especialidades: dez alumnos formáronse no de albanelería, fontanería e climatización e outra decena o fixo no de carpintería.
“O emprego é un eixo fundamental da nosa acción de goberno. Seguiremos apostando por mellorar a empregabilidade da veciñanza que se atopa en situación de desemprego e facilitar a súa inserción laboral”, explicou o rexedor,
No mesmo sentido se expresou a concelleira que destacou a eficacia deste modelo de formación e a implicación dos alumnos e alumnas no transcurso do mesmo.