O Concello de Mos conmemora o Día do Libro que se celebra o vindeiro sábado, 23 de abril, con dúas actividades organizadas desde a concellería de Cultura e nas que as persoas interesadas en participar xa poden inscribirse.
Trátase dun contacontos dirixido a cativos de 3 a 9 anos de idade titulado “Os monstros tamén teñen sentimentos”. Terá lugar na Biblioteca Municipal, sita na Porteliña, o vindeiro venres, 22 de abril, ás 18.00 horas. E as familias que desexen participar deben formalizar a súa inscrición telefónicamente na propia Biblioteca, chamando ao teléfono 986338080.
Por outra banda o xoves, 28 de abril, no Pazo de Mos, Cristina Lago Cerqueira presentará o seu libro de poesía 'Poemas para rir, chorar, ou as dúas á vez'. A presentación dará comezo ás 20.00 horas da tarde.