viernes. 22.11.2024

O Concello de Salvaterra en colaboración co Club de Montaña Airiños, convida a toda a veciñanza de forma gratuíta a gozar dun novo roteiro de sendeirismo pola natureza, segundo un comunicado.

Nesta ocasión o destino é ao veciño Portugal e no único, pero marabilloso Parque Nacional deste país, 'O parque Nacional dá Peneda-Gêres'.

Comeza o roteiro no punto do Valle do Río Vez á altura dá Ponte Medieval de Vilela. Desde alí, co río como protagonista e seguindo a senda e pasarelas do Vez, gózase dun festín acuático de sons, augas cristalinas pola proximidade do nacemento do río no Valle Glaciar do Vez, vexetación, pontes e vellas construcións fluviais.

Ao mediodía e unha vez finalizada a andaina na Vila Medieval de Arcos de Valdevez, un xantar libre, no que cada persoa será a responsable de levar a súa propia comida e bebida.

Despois do xantar se dispoñerá de tempo para visitar o centro histórico da Vila ata ás cinco da tarde, hora para coller o noso autocar de regreso a casa; un regreso que terá unha pequena parada obrigada polo seu interese para visitar o centro histórico/medieval da aldea de Sistelo. Esta aldea resultou gañadora no ano 2017 como unha das 7 marabillas de Portugal na categoría de Aldeas rurais e co distintivo de Bandeira Amarela.

O horario para a saída desta actividade de sendeirismo será ás 9 da mañá do domingo 23 de outubro, na praza do Concello de Salvaterra, onde nos recollerá o autocar. A hora de chegada a Salvaterra no regreso será aproximadamente sobre as 19.00 da tarde.

Aínda que é un roteiro de 9 quilómetros cualificada como moderada/fácil, é recomendable que as persoas que desexen participar se atopen nun bo estado físico de saúde que lles permita facer a actividade.

A Organización e os responsables do Club de Montaña Airiños por motivos alleos, poden en calquera momento modificar ou anular o evento. Teléfono de inscricións: 622 88 71 74.

O Concello de Salvaterra convida a toda a veciñanza de forma gratuíta a gozar dun novo...
Comentarios