29 de abril de 2022, 22:58
O Club Xadrez Mos volve traer grandes resultados para o municipio da man de Xabier Pérez e Maia Pérez e outros dous xogadores
A fin de semana do 16 e 17 de abril os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos participaron nos Campionatos Galeegos de Xadrez sub-10/-12/-16/absoluto obtendo uns excelentes resultados:
Javier Del Valle Crespo, 3° Clasificado Sub-12.
Hugo Souto Corredoura, 5° Clasificado Sub-12.
Maia Pérez Sousa, Subcampioa Galega Sub-12.
Xabier Pérez Sousa, Campión Galego Sub-16.
Para felicitar ao clube e aos catro xadrecistas achegáronse esta tarde ata Torroso a visitalos o concelleiro de Deportes, José Areal, e o tamén edil mosense, Baldomero Lorenzo.