O Museo da Ciencia do Viño en Salvaterra de Miño acaba de recibir unha importante doazón. Trátase dunha botella do ano 1887 'Chateau Teanes – Marca Mon' que pertencía a familia Mon e que provén da Quinta de Teanes en Oleiros. Miguel Mon é a quinta xeración da familia, a persoa que actualmente leva a finca, e que decidiu facer está valiosísima doazón para que unha peza con tanta historia formara parte do museo.
Actualmente, a Quinta de Teanes conserva a adega de orixe, a que crearon o bisavó e o avó de Miguel e que elaborou durante anos viño que chegaba a París, tal e como figura nos arquivos gardados. Nesa documentación que ten a familia tamén están os diarios detallados nos que descubrimos a alta producción que tiña a adega nos anos vinte elaborando ata 500 pipas de viño. A adega que durante anos exportaba o seu viño continuou a produción e vendendo ata o 1975 con Alejandro Mon ó fronte