viernes. 22.11.2024

O imposto de rodaxe IVTM, o de instalación de terrazas e

quioscos, as taxas vencelladas a actividades económicas, os tributos que

estiveran pendentes como o ICIO ou vados, as liquidacións que se podan chegar a

practicar, incluíndo fraccións de pagos van ter certas facilidades para o seu

pago.

A decisión é da Comisión Municipal de Seguemento da evolución do COVID-19 que se reuniu este martes, ás 19.00 horas, por videoconferencia e acordou esta serie de medidas tributarias para axudar aos contribuíntes mosenses durante a presente crise do coronavirus.

Ademais a alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Facenda, Alberto Méndez anunciaron que se creou unha conta de correo electrónico, [email protected], a disposición dos contribuíntes para poder solventar as dúbidas relativas ao pago e liquidación de tributos locais, así como para recibir calquera proposta en materia fiscal que se analizará para estudar a súa aplicabilidade.

As devanditas medidas, segundo informaron hoxe Arévalo e

Méndez, son:

-              O

imposto de rodaxe IVTM retrásase do 1 de xuño ao 1 de xullo e amplíase o prazo

de pago de 2 a 3 meses, polo que os contribuíntes terán do 1 de xullo ao 30 de

setembro para facer o pago.

-              No marco

das potestades normativas e de autonomía financeira do Concello, lévanse a cabo

as adaptacións normativas para reducir certas taxas como a instalación de

terrazas na vía pública, quioscos e mesmo, de considerarse oportuno, suprimir

algunha.

-              Ao mesmo

tempo inícianse trámites para a devolución de oficio das partes proporcionais

das taxas vencelladas a actividades económicas que mor da crise do coronavirus

non se teñan realizado ou se teñan visto mermadas como poderían ser os pagos

por apertura de furanchos; ou, para os particulares, outras como as de uso da

piscina municipal e instalacións deportivas, axuda no fogar etc.

-              O prazo

de pago para todos aqueles tributos que estiveran pendentes de pagamento en

período voluntario desde a declaración do estado de alarma, incluíndo os pagos

de fraccionamentos de débedas, quedan prorrogados ata o 30 de abril de 2020.

Por exemplo, imposto de construcións (ICIO), vados, ... etc.

-              Todas as

posibles liquidacións que se podan chegar a practicar, incluíndo fraccións de

pagos, dende o 18/03/2020 amplían o seu período de pagamento ata o 20 de maio

de 2020 (poderán pagarse como mínimo ata o 20/05/2020); no obstante, sendo

conscentes de que o estado de alarma pode ampliarse máis tempo do inicialmente

previsto, tal e como observamos cunha primeira prórroga de quince días xa

proxectada, o Concello de Mos non descarta ampliar/incrementar estes prazos e

mesmo revisar o calendario fiscal ampliando e/ou modificando prazos de

pagamento. Por exemplo, imposto de construcións (ICIO), vados, ... etc.

En calquera caso, rexedora local e concelleiro de Facenda

quixeron lembrar esta mañá a “tódolos mosenses e contribuíntes do Concello de

Mos que, se teñen calquera dificultade económica derivada das circunstancias

actuais, non dubiden en solicitar o fraccionamento do pago das súas débedas

para evitar que o pago de tributos reste liquidez e recursos a quen máis o

precisan nestes intres”.

Para o caso dos tributos locais delegados no ORAL, como é o

IIVTNU coñecido como plusvalía ou o IBI, así como a recadación executiva haberá

que atender ás indicacións e prazos que indique a Deputación de Pontevedra.

Arévalo da facilidades aos veciños para o pago dos impostos pola crise do coronavirus