viernes. 22.11.2024

Xa fai máis dunha década que o concello de Arbo o Concello de Arbo, organiza as Vodas de Ouro, galardoando a todas as parellas da localidade que cumpren 50 anos de casados.

10 matrimonios daranse cita para ser galardoados polos seus 50 anos de amor  e que foron convidados polo Concello para ser  homenaxeados nun acto que se realiza na Praza do Concello o vindeiro 6 de agosto ás 21.00 horas

Ao acto acudirán un total de 10 matrimonios e outras parella máis recibirán a visita do Alcalde no seu domicilio ao non poder acudir ao acto por motivos persoais. Neste evento preténdese recoñecer que o Amor pode durar a través dos anos e manterse vivo, se a comprensión, devoción e agarimo vaise coidando cos anos. Para estas parellas participantes adoita ser un momento moi emotivo e significativo.

O Concello, e eu como alcalde, sentímonos orgullosos de poder realizar este merecido homenaxe en nome de todos os vosos veciños e veciñas, ofrecéndo o mellor agasallo que podemos adicar, unha mostra do respecto, a admiración e o cariño que profesan estes matrimonios, xunto coa vosa familia e seres queridos, toda á sociedade arbense – manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil

Durante o evento, os matrimonios poderán desfrutar da actuación do artista Antonio Barros con “ialma”, un directo acustico de boleros e baladas.

Antonio Barros e coñecido polo seu paso polo concurso televisivo Recantos do recoñecido programa Luar da TVG, concurso do que foi coñecido.

Da man do alcalde, os homenaxeados recibirán un pin co escudo do Concello no caso dos homes e un ramo de frores no caso das mulleres, así como unha placa conmemorativa que lles recorde o seu paso por este evento.

500 anos de fidelidade arbense
Comentarios