Agustín Ferreira é sinónimo de Anabam, Asociación Naturalista do Baixo Miño. Este guardés, xunto co fotógrafo rosaleiro de Fornelos, Luis Dorado Senra, iniciou hai catro décadas un traballo pola defensa da natureza e o patrimonio no sur da provincia de Pontevedra.
Xunto con eles, Manuel Ángel Pombal, Araceli Orores, Noé Ferreira, Salvador Muñoz, Antón Ferreira e outras 60 persoas voluntarias conseguiron a protección do esteiro do Miño, declarado nos anos 80 lugar libre de caza e, no 2000, integrado na Rede Natura.
A protección e recuperación de especies animais e vexetais da bisbarra, freando igualmente a construción de tres portos deportivos, así como impedindo dous campos de golf, un en Pinzás (terras de Tomiño) e outro no lado de Portugal, son outros dos seus logros.
Colocaron os primeiros niños de aguia peixeira da zona e reintroduciron tres especies vexetais na praia de Camposancos, que desapareceran noutrora.
Son interesantes as publicacións editadas sobre a historia das pías salineiras e da igrexa do municipio.
O veciñanza do Baixo Miño non esqueceu as campañas doutrora e slogans como "Hoxe imos dar a lata", desenvolvida en 1997 para a recollida de latas, e en 1989, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, a das pilas botón. Aínda está na memoria duns e doutros a manifestación en Caminha en 1993 contra as obras do ferry.
No 2000, reciben o Premio Bandeira Verde de Galicia.