domingo. 24.11.2024

Verónica Calvo e Daniel Paz coróanse na Serra do Barbanza

Esta edición valedeira para a composición da Selección de Galicia que representará a nosa comunidade no Campionato de España por Autonomías, contou ca participación de máis de cento cincuenta atletas que poideron disfrutar dun espectacular pero ao mesmo tempo esixente circuito durante algo máis de 25 km.
Xunto aos gañadores, estiveron ocupando postos de podio Carla Trillo do Ría de Foz e Carlos Lorenzo do Jab-Berga na segunda posición así como Eva de la Fuente do Brión-Hyupersa Santiago e Roberto Tuñas do C.A.Negreira no terceiro lugar.

Os atletas Verónica Calvo do Club Atletismo Sar cun tempo de 3h.03:47 e Daniel Paz do Brión Hyupersa Santiago con 2h.18:14 proclamáronse no día de hoxe campións de Galicia de Trail na edición desenvolta na Serra do Barbanza baixo a organización do Concello de A Pobra do Caramiñal, Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e Federación Galega de Atletismo.

Esta edición valedeira para a composición da Selección de Galicia que representará a nosa comunidade no Campionato de España por Autonomías, contou ca participación de máis de cento cincuenta atletas que poideron disfrutar dun espectacular pero ao mesmo tempo esixente circuito durante algo máis de 25 km.

Xunto aos gañadores, estiveron ocupando postos de podio Carla Trillo do Ría de Foz e Carlos Lorenzo do Jab-Berga na segunda posición así como Eva de la Fuente do Brión-Hyupersa Santiago e Roberto Tuñas do C.A.Negreira no terceiro lugar os cales ademáis lograban a súa selección de maneira autonómica para formar parte da Selección Galega.

Paralelamente a este campionato autonómico se estivo disputando o Trail Popular Serra do Barbanza nas modalidades de longo e curto con triunfos no primeiro de Rebeca Marino e Sebastián Reboreda así como para Cristina Carril e Manuel Currás no curto

O resto de gañadoras e gañadores da edición do Campionato de Galicia foron os seguintes:

  • Absolutos. Verónica Calvo (C.A.Sar) e Daniel Paz (Brión Hyupersa-Santiago)
  • Senior. Verónica Calvo (C.A.Sar) e Rubén Ínsua (C.A.Sar)
  • Sub23. Manuel Pérez (Independente)
  • Sub20. Martín Barreiro (C.A.Narón)
  • Máster35. Carla Trillo (Ría de Foz) e Roberto Tuñas (C.A.Negreira)
  • Máster40. Dolores Rey (C.A. O Pino) e Daniel Paz (Brión Hyupersa-Santiago)
  • Máster45. Eva de la Fuente (Brión Hyupersa-Santiago) e Abel Barros (At.+9 Moraña)
  • Máster50. MªAurora González (C.D.Pinarium) e Jesús Enrique Rey (C.A.Boimorto)
  • Máster55. Juan Rivas (Cambados Seg. Noval)
  • Máster60. Manuel Suárez (Vet. Samil)
  • Máster65. Juan Camean (Vet. Samil)
  • Máster70. Domingo Álvarez (Egovarros Viveiro)

Verónica Calvo e Daniel Paz coróanse na Serra do Barbanza