viernes. 05.07.2024

A Undercup de Portugal abranguirá 2.000 deportistas distribuídos en 55 clubes, con 102 equipos dende a categoría sub10 ata a sub17.

Nesta segunda edición e dentro do marco cultural e deportivo da nosa Eurocidade, as Escolas Deportivas terán o privilexio de compartir torneo na sección sub 17 con equipos do máis alto nivel, entre os que se atopan, ademáis do Real Clube Celta Academy, o Benfica, o Sporting de Lisboa, e os mundialmente coñecidos Juventus de Turín e Olympic Marsella.

O Antonio Bernárdez Gándara-Dextros albergará entre o xoves 27 e domingo 30 un calendario cheo de partidos correspondentes ás distintas categorías pertencentes ó torneo, sendo As Neves e Monçao as as outras dúas sedes, cun horario diario dende as 10 da mañá ata as 19.00 horas, exceptuando o domingo que rematará en xornada matinal.

"Sen dúbida será o broche de ouro para pechar unha tempada futbolística moi brillante para os equipos senior, veteranos, afeccionados e os equipos da base de Salvaterra e as súas parroquias" din desde o Concello.

Ademais, o evento contará con servicio amplo de cantina para dar servizo de bocadillos quentes, empanadillas, croissants, e demais produtos que permitan facer xornada longa ó gusto de todos os presentes

A Undercup de Portugal, en Salvaterra
Comentarios