viernes. 22.11.2024

O sábado ata a localidade cántabra de Laredo acudía a santiguesa Esther Pedrosa a tomar parte sobre os 10 km. Villa de Laredo en ruta. O resultado non puido ser máis satisfactorio xa que a atleta do Playas de Castellón lograba un rexistro final de 40:29 que supuxo establecer un novo récord de España na categoría F60 que engade ao seu impresionante palmarés nacional e internacional.

Xa no domingo, continuaban as actuacións das nosas e nosos atletas máster ca súa participación no Campionato de España de Milla en ruta que se desenvolvía en Parla.

O máis destacado da mesma foi o título de Campión de España para o atleta do Burgas Ourense Domingo Álvarez quen sobre a categoría M65 lograba un rexistro de 5:34  que representa ademáis un novo récord galego.

Destacada foi tamén as actuación da atleta do C.A.Sada Angeles Ripoll quen a piques estivo de subir ao podio, logrando finalmente a cuarta posición na categoría F60 con 7:06.

Completaron a actuación galega o 8º posto de Jorge Veleiro do Burgas Ourense na M55 con 5:25 e posto 16º para José Cabado do Atletismo Santiago con 5:21 na M50.

Pedrosa e Álvarez, protanonistas máster na fin de semana