domingo. 24.11.2024

O Concello de Ponteareas, a través do programa Mocidade Viva, convoca unha nova actividade coa que promover un lecer saudábel e alternativo para rapazas e rapaces maiores de 12 anos. Este venres 15 de abril a partir das 21.00 horas, mozos e mozas poderán participar nunha xornada de patinaxe libre, unha actividade coa que achegarse dun xeito ameno e divertido a este deporte.

A xornada terá lugar no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino. A actividade será de balde e para participar será necesaria inscrición previa a través do correo electrónico [email protected], onde pode solicitarse tamén máis información.

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, anima a toda a rapazada a participar nesta actividade deportiva así como en todas as organizadas ao abeiro do programa Mocidade Viva, un programa estábel de actividades lúdicas e formativas dirixidas á xente moza, ofrecéndolles espazos de lecer e socialización saudábeis.

Patinaxe libre no pavillón municipal ponteareán