jueves. 26.12.2024

700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia, delas 500 participarán na categoría absoluta e 200 na infantil que se incorpora coma novidade esta edición.

A proba foi presentada esta mañá na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, e por Serafín Martínez e Justi Peixoto da empresa organizadora. O Trail do Aloia está subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, recoñeceu que é unha proba á que lle ten moito cariño, xa que formou parte da organización da mesma durante dous anos. Destacou que se trata dun percorrido moi bonito cunha “paisaxe natural impresionante”. De cara a futuras edicións plantexou a posibilidade de realizar un novo trail na Eurocidade Tui-Valença, neste caso no monte Faro en Valença.

O vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, destacou que “o obxectivo de Valença é continuar a apoiar o deporte e as relacións con Tui a través da Eurocidade”. Apostou por favorecer as condicións para a práctica deportiva, e salientou coma estes eventos son tamén un incentivo para o comercio local, pola afluencia de persoas aos municipios onde se celebran estes eventos.

No mesmo senso pronunciábase o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, quen afirmou que “somos defensores do turismo deportivo”. Salientaba amais coma este Trail do Aloia é unha proba moi importante para de Deputación ao formar parte do Pontevedra Trail League que comezou en maio no Rosal e rematará o 21 deste mes na Guarda co Trail do Trega.

Serafín Martínez, da organización do Trail, explicaba que “a aceptación que está a ter o trail está sorprendendo moito” referíndose aos 450 inscritos na categoría absoluta e aos 150 na infantil, rexistrados até esta mañá, unhas cifras que agarda superar e chegar aos 500 e 200 respectivamente mañá mércores ás 23.59 h cando se peche a inscrición.  Destacou amais que entre os participantes haberá deportistas de Galicia, Portugal e León, que poderán gozar do entorno natural que ofrece o Parque Natural do Monte Aloia.

Justi Peixoto, na presentación desta mañá destacaba a incorporación da categoría infantil con distintas distancias que que perseguen que os cativos e cativas se inicien tamén nesta práctica deportiva.

O domingo ás 10.30h dende a Macoca terá lugar a saída da proba absoluta na que as persoas inscritas deberán realizar 15 quilómetros polo Monte Aloia con 600 metros de desnivel. Previamente o sábado ás 16 h celebrarase o Aloia Kids Trail para nenos e nenas de 5 a 15 anos con diferentes distancias en función da categoría.

Toda a información e inscrición está accesible.

O Trail do Aloia, en modo turismo deportivo