sábado. 18.05.2024

O mosense 'Bambino', medallista finalista e mellor ‘jogo de Siriúna’ no Campionato Ibérico de Capoeira

“Bambino” é Graduado da escola Abadá-Capoeira e Profesor de Capoeira en Mos no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Imparte clases todos os mércores en horario de 20.15 horas a 21.15 horas. As persoas de 13 anos de idade en diante interesadas en practicar esta arte marcial poden inscribirse nas clases de Seminario, preguntando por elas no propio Centro Dotacional. Arturo Seminario está interesado en ampliar o rango de idades o vindeiro curso e impartir clase en Torroso tamén á poboación infantil.

O concelleiro de Deportes mosense, José Areal, e o mosense Arturo Seminario Wunder, máis coñecido como 'Bambino' .
O concelleiro de Deportes mosense, José Areal, e o mosense Arturo Seminario Wunder, máis coñecido como 'Bambino' .

O concelleiro de Deportes mosense, José Areal, visitou esta tarde no Centro Dotacional de Torroso, onde imparte clase, ao mosense veciño de San Antoíño, parroquia de Louredo, Arturo Seminario Wunder, máis coñecido como “Bambino”, para felicítalo como medallista no último Campionato Ibérico da escola Abadá-Capoeira, onde logrou 2 medallas.

'Bambino' é Graduado da escola Abadá-Capoeira e Profesor de Capoeira en Mos no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Imparte clases todos os mércores en horario de 20.15 horas a 21.15 horas. As persoas de 13 anos de idade en diante interesadas en practicar esta arte marcial poden inscribirse nas clases de Seminario, preguntando por elas no propio Centro Dotacional. Arturo Seminario está interesado en ampliar o rango de idades o vindeiro curso e impartir clase en Torroso tamén á poboación infantil.

O concelleiro de Deportes mosense, José Areal, e o mosense Arturo Seminario Wunder, máis coñecido como 'Bambino' .
O concelleiro de Deportes mosense, José Areal, e o mosense Arturo Seminario Wunder, máis coñecido como 'Bambino' .

A cidade de Burgos acolleu en febreiro os Jogos Ibéricos da escola Abadá Capoeira, na súa XVIII edición. Capoeiristas de España e Portugal mediron as súas forzas na 2º competición de maior envergadura celebrada fóra de Brasil, o país de orixe desta arte marcial afrobrasileña, que combina loita, acrobacias e música.

Durante os días 17, 18, 19 e 20 de febreiro uns 200 capoeiristas, reuníronse na cidade de Burgos, para gozar duns días de talleres, formación, competición e intercambio de experiencias. Este ano por primeira vez, tras un parón de dous anos pola pandemia, contou coa singularidade de ser un evento híbrido, de forma presencial e en liña.

DSC_0712
 

Arturo Seminario Wunder, máis coñecido no mundo da Capoeira como “Bambino” é graduado da escola Abadá-Capoeira, con 14 anos de experiencia nesta arte marcial e 5 anos dando clases para adultos, mozos e nenos na zona sur de Galicia, e é un dos pioneiros no ensino de capoeira infantil en Galicia.

“Bambino” é un capoeirista que ama o que fai e ademais gústalle competir. O pasado febreiro obtivo dúas medallas, unha de finalista e outra como mellor ‘jogo de Siriúna’; representou a España e leva o nome de Mos a todos os lugares onde dá clase e compite, é dicir, por todo o mundo, xa que é competidor a nivel internacional.

Os Jogos Ibéricos inauguráronse por primeira vez no Porto en 2004, e a súa sede vaise turnando desde entón entre cidades de España e Portugal.

Bambino, alumno de Mestrando Cascão (Mestre Carioca brasileiro residente en Braga-Portugal), chegou á final desta competición na categoría A (Categoría co nivel máis avanzado), os competidores ‘jogan’ en parellas, tendo que realizar tres ‘jogos’ en cada eliminatoria, Benguela (‘jogo’ técnico con movementos de marcación e destreza no chan), Siriúna ( ‘jogo’ onde sobresaen as acrobacias) e de São Bento de Abadá (‘jogo’ máis obxectivo, a marcialidade imponse, golpes esquivas e derribas a unha gran velocidade).

O mosense 'Bambino', medallista finalista e mellor ‘jogo de Siriúna’ no Campionato...