9 de marzo de 2020, 18:21
As nadadoras da categoría máster do Club Natación Ponteareas, tanto como equipo feminino como o equipo conxunto, proclamáronse Campións Galegos de Fondo nesta fin de semana en Santiago de Compostela.
Na
piscina de Santa Isabel o equipo feminino proclamouse, por terceiro ano
consecutivo, Campión Galego de Fondo celebrando ao grande o Día da Muller
Traballadora e o equipo conxunto acadaba o primeiro posto proclamándose tamén
Campión Galego de Fondo.
As
nadadoras e nadadores do Club ponteareán enfrontáronse as probas de 800 metros
e 1.500 m.