jueves. 05.12.2024

Dirt Track Xacob Agra

Como cada edición, o motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carrera noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño.
Lorenzo acompañado polo presidente do Moto Club Papaya, Joaquín Agra, o piloto local, Xacob Agra, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez,  e o técnico de deportes do Concello do Porriño, Julio Bernárdez.
Lorenzo acompañado polo presidente do Moto Club Papaya, Joaquín Agra, o piloto local, Xacob Agra, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e o técnico de deportes do Concello do Porriño, Julio Bernárdez.

O Velódromo Municipal do Porriño acollerá este sábado, 3 de setembro, o XV Dirt Track Xacob Agra. Como cada edición, o motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carrera noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo presidente do Moto Club Papaya, Joaquín Agra, o piloto local, Xacob Agra, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez,  e o técnico de deportes do Concello do Porriño, Julio Bernárdez, presentaron hoxe o evento.

“Nomes como o de Xacob Agra levan ao Porriño por todo o mundo e tamén atraen a moitos outros deportistas e afeccionados de fóra”, afirmou o alcalde, “Por iso son tan importantes probas coma o consolidado Dirt Track do Moto Club Papaya e por iso dende o Concello esforzámonos a diario por respaldar esta e outras probas deportivas que impulsan os nosos clubes, algo que merece a pena en vista dos múltiples éxitos deportivos colleitados polos nosos deportistas”.

Como cada ano a proba desenvolverase en eliminatorias por grupos (clasificatorias, repescas, semifinais e finais. Prevese que disputen a proba arredor de 40 pilotos (20 en adultos e outros tantos na modalidade infantil) chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño. “Entre os participantes, por suposto, o anfitrión Xacob Agra e o piloto porriñés gañador da última edición, Iago Martínez”, apuntou o edil de Deportes.

A proba comezará a partir das 21 h.

Dirt Track Xacob Agra
Comentarios