jueves. 21.11.2024

O Concello de O Barco de Valdeorras dará acollida este domingo unha importante edición correspondente ao Campionato de España de 10K nas categorías absoluta e máster na que tomarán parte un total de 501 atletas en representación de dazasete Comunidades Autónomas entre as cales Galicia con 91 inscricións, é a máis numerosa.

Con esta edición O Barco volve novamente a estar no centro mediático nacional como xa fixera no ano 2012 na que de igual modo, organizara de maneira moi exitosa o Campinato de España de milla en ruta.

CARTEL

Entre a relación de participantes destaca a presenza do atleta olímpico nos Xogos de Río-16 e Tokio-21, o madrileño do Nike Running Fernando Carro que momentáneamente deixa o tartán e os obstáculos  para estar presente nesta edición  aportando moitos enteiros de cartel e calidade á cita.

Xunto ao olímpico compartirá asfalto a tamén atleta madrileña Azucena Díaz campioa nacional absoluta na edición do 2018 e medallista de bronce  nos anos  2019 e 2021. Esta mesma atleta toma parte de igual modo na categoría máster F35 na que leva impoñéndose de maneira ininterrumpida nas últimas tres edicións.

Na categoría masculina tamén ten confirmada a súa presencia o vixente campión de España, o atleta ibicenco  Abdelaziz Merzougui que intentará reeditar o título  logrado na localidade pacense de Don Benito. Fronte él, o subcampión nacional do ano pasado, e campión de España absoluto no ano 2018, o aragonés Jesús Angel Olmos.

As rúas de O Barco tamén poderán presenciar a participación de importantes e destacados atletas das categorías máster entre os cales contaremos ca bilbaína María Isabel Sixto e a madrileña Consuelo Alonso gañadoras respectivamente das categorías F45 e F70 do ano pasado.

Por parte masculina será o Campión de España M55 da edición 2019 Miguel Angel Encina do equipo donostiarra de Goierri Garaia quen tamén teña confirmada a súa presenza na localidade barquense.

ATLETAS

No tocante a participación dos atletas galegos será a olímpica en Atlanta-96 e actual plusmarquista nacional dos 5.000 m. Julia Vaquero do S.D.Compostela Atletismo quen lidera a representación galega máster e cuxo obxectivo pasa por  revalidar o título nacional F50 logrado o ano pasado.

Xosé Lois Otero do C.A.Santiago será outro dos galegos importantes na categoría M70 a quen veremos na loita polos metais como xa fixera no 2019 cando lograba a prata e o subcampionato nacional. Xunto eles non perderemos de vista a presenza tanto de Teresa Castro do Atletismo Noia como de Nemesio Gutierrez do Atletismo Friol

Mención aparte ten o atleta Alejo Ares do ADAS Cupa, quen na súa condición de local acaparará todo o cariño e apoio do importante número de afeccioadas e afeccioados que se agarda acudan ao circuito, e no que intentará lograr un bo resultado como no ano 2018 no que remataba terceiro no nacional absoluto.

Un campionato de España 10K en Valdeorras