O
concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, presentou xunto a José Luis Soto, de
ADECONPAR, e Víctor Lemos, do Club Bádminton Ponteareas, a 4ª xornada Copa
Promoción Bádminton XOGADE que se celebrará este sábado 7 de febreiro en
Ponteareas.
Serán
oito xornadas deportivas, desarrolladas en diferentes sedes, Vigo, Salceda,
Crecente, Marín e Ponteareas.
Esta
xornada será o turno das categorías, alevín e cadete con preto de 60
deportistas inscritos que se verán as caras no pavillón municipal do complexo
deportivo Álvaro Pino de Ponteareas en horario de 16:00h a 20:30h.
Esta
Copa está patrocinada polo Servizo de Deportes Provincial da Xunta de Galicia e
coa colaboración de Adecompar, Concello de Ponteareas, Federacion Galega de
Bádminton e o Club Bádminton Ponteareas.
Inscricións
gratuítas: [email protected]
A
concelleira de Deportes, Nahir Covelo, e o concelleiro Miguel Bouzó convidan a
toda a cidadanía a desfrutar desta competición aberta ao público que supón unha
oportunidade máis de promoción dos e das deportistas de todos os clubs.