Este domingo a Selección Galega Sub16 e Sub20 de Marcha en Ruta acudían a Lepe a tomar parte no Campionato de España da modalidade.
No mesmo o máis salientable foi o terceiro posto logrado pola Selección femenina Sub20 na que unhas magníficas Aldara Meilán e Oleksandra Kostenko lograban entrar en postos de finalistas e quenes xunto ás boas actuacións de Natalia Rivas, Salomé Segade e Rita Vázquez lograban subir ao podio por detrás de Madrid e Cataluña. Na categoría masculina Sub20 oitava posición para o combinado autonómico sendo o mellor marchador Pablo Sánchez quen cruzaba a línea de meta no posto dazasete.
No que atinxe aos Sub16 resultou tamén moi destacado o quinto lugar do marchador Andrés Gónzalez quen contribuía xunto ao resto de integrantes a lograr na xeral unha moi boa quinta praza. Nas mulleres noveno lugar na xeral con Noa Abelleira coma mellor galega no posto vixésimo quinto.
EXCELENTES REXISTROS
A maiores da disputa do campionato de España por Seleccións, o circuito onubense serviu para o desenvolvemento do nacional individual que arroxaría excelentes resultados para o noso atletismo
Na categoría máster, nova medalla de ouro do marchador M40 Juan Manuel Morales do Marineda quen conta as súas actuacións a ritmo de títulos e récords. Desta ocasión lograba a medalla de ouro nacional sobre os 35 km. cun rexistro de 2h.59:29 o que representan un novo récord galego da súa categoría
Pola súa banda Aldara Meilán da At. Lucense na categoría Sub18, lograba facerse ca medalla de bronce cun excelente resultado de 49:28 que supoñen mínima para tomar parte na Copa do Mundo e que confirman a esta marchadora como unha das xa grandes realidades da marcha galega.
Sen abandonar a categoría femenina novamente gran actuación de Carmen Escariz do Ourense Atletismo, quen co seu cuarto posto na categoría absoluta volve á elite internacional logo de rematar sobre os 35 km. cun rexistro de 3h.00:48 que supoñen a mínima para tomar parte na Copa do Mundo de Marcha.
Dani Chamosa da Gimnástica non viu recompensado tanto esforzo realizado, xa que marchando a falta de poucos quilómetros en postos de medalla, tería que ceder prácticamente na línea de meta ata a sexta posición con 2h.33:37. Malia elo volve con moita forza o extraordinario marchador quen xa aspira novamente a internacionalidade.
POSTOS DE FINALISTAS
Jaén foi o provincia na que esta fin de semana tomaba parte a Selección Galega de Campo a Través no seu dobre desprazamento por terras andaluzas. Ata alí acudían os nosos seis equipos para medirse no Campionato de España ás demáis selecións do Estado lastrados polas baixas de última hora.
ACTUACIONES
Na categoría sub 20 feminino o noso combinado lograba un sétimo posto no que Antía Castro era a mellor das galegas logo de entrar na línea de meta no décimo quinto lugar. Un posto máis lograba facer Antón Martínez no combinado masculino quenes en conxunto estiveron na loita directa polo podio rematando finalmente nun moi salientable cuarto lugar tras Madrid, Cataluña e Andalucía. Sen dúbidas a ausencia de última hora de Hugo Souto por COVID, impediu á Selección estar no caixón de premiados
Na categoría Sub23 bo resultado para o equipo femenino no seu conxunto logo de lograr un sétimo posto de finalistas con María Cedrón en calidade de lider do grupo. Máis discreta foi a actuación masculina quenes remataban o campionato no posto dazaseis e na que Roi Estévez foi o mellor dos galegos.
Por último e na categoría absoluta as nosas seleccións ocupaban un noveno posto en ambos sexos da clasificación xeral e na que os atletas lucenses Laura Santos e Esteban Iglesia convertíanse nos primeiros galegos en completar os 10.125 metros dos que constaba o circuito andalúz.