A pasada fin de semana celebrábase na Piscina de la Corxera, Sant Feliu de Guixols( Gerona), o Campionato de España de actividades subacuáticas en distintas modalidades, onde Aldara Andrés Souto participaba na categoría cadete, nas modalidades de 50,100 e 200 metros bialetas.
A xove veciña salvaterrense acadou a cima do podio nas tres probas, proclamándose Triple Campioa de España, cun tempo nos 50 metros de 23´17”, a tan só 3 décimas do record europeo e a dúas do español.
Estamos, sen dúbida, ante unha promesa cunha proxección espectacular que xa é unha realidade presente a ter en conta, e que está levando o nome de Salvaterra por todo país acadando éxito tras éxito.
Tras recibila no Salón de Plenos do Concello e ter unas verbas con ela, cómpre destacar o perfil baixo e humilde que ten, xa que sendo toda unha campioa soamente pensa en adestrar duro para as vindeiras probas que visualiza no horizonte.
Dende o Concello queremos transmitirlle os nosos parabéns a Aldara e desexarlle a mellor das sortes na súa carreira deportiva, mostrando o noso orgullo unha vez máis c@s deportistas que temos o privilexio de apoiar para que sigan desenvolvendo a súas expectativas e ilusións.