viernes. 22.11.2024

O baloncestista galego Alberto Abalde comezou hoxe no Porriño, no Polideportivo Municipal, a súa preparación previa a incorporarse á disciplina do Real Madrid. Abalde, xunto co seu adestrador persoal, realizou diversas sesións de exercícios de mantemento e tandas de tiros a canasta.
Abalde elixiu O Porriño polas xestións realizadas por Julio Bernárdez, ex-baloncestista e xefe do Servizo de Deportes do Concello, e atendendo á invitación que lle fixo David Alonso, concelleiro de Deportes que acudiu esta mañá a darlle a benvida ao Pavillón.

Abalde, alero de 2.02 de estatura e internacional coa selección española , estará tres dias máis adestrando pola súa conta na nosa vila antes de viaxar a Madrid para iniciar a pretempada co equipo merengue.

Abalde elixe O Porriño para incorporarse a disciplina do Real Madrid