viernes. 22.11.2024

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo a súa programación de actividades do “Mes da biblioteca” cunha nova sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario. Así este mércores, 6 de outubro, ás 18 h presenta o espectáculo “Pes de lobo. Un lobo na biblioteca” a cargo do narrador oral Anxo Moure. Esta actividade está dirixida especialmente aos nenos e nenas con idades entre 4 e 11 anos de idade. Os interesados en participar deben inscribirse no presencialmente na Biblioteca Municipal de Tui ou no seu correo electrónico [email protected]

Anxo Moure leva dende o ano 1989  contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan, escribindo estas historia e sendo un dos referentes da narración oral en Galicia.

Nesta ocasión o contacontos Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar as nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia, nunha aposta polo coñecemento da contorna con apoio de esculturas de Lomarti, artesanías de Martola, Paz Castro, Brais Moure, pegadas de loba en arxila e ouveos de loba.

Este espectáculo que promove o que deben facer os nenos e nenas no seu día a día para salvar o bosque dos contos. Como sempre un xeito moi ameno de aprender valores tan importantes como o respecto e o coidado do noso planeta.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, con esta nova proposta de animación á lectura a Biblioteca Municipal tudense continua avanzando na súa programación arredor do “Mes do libro” cun abano amplo de propostas para todas as idades, que contribúan a facilitar un achegamento ao mundo do libro e a lectura dun xeito divertido e que busca a consolidación dos hábitos lectores entre a poboación tudense.

'Pes de Lobo. Un lobo na biblioteca'