14 de enero de 2020, 12:11
Baixo o título 'Bauhaus: A configuración da modernidade', o deseñador e académico numerario da Academia Galega de Belas Artes Xosé Díaz y Arias de Castro abordará a relevancia desta corrente artística. Hoxe terá lugar a derradeira conferencia deste ciclo.
O experto explicará
como o instituto de arte e deseño que agromou en Weimar entre a hecatombe da Primeira
Guerra Mundial e a instauración do réxime nacionalsocialista foi, sen dúbida
algunha, unha das experiencias pedagóxicas máis extraordinarias e
transcendentes do século XX. Salientará o feito de que a liberdade creativa e o
deseño das novas formas e espazos que necesitaba a nova estrutura social
formaron un binomio “único e irrepetible”.