O espectáculo de danza contemporánea “Bailar agora” de Marta Alonso abre mañá a programación do outono no Teatro Municipal de Tui. A función comezará ás 21.30 h tendo lugar a apertura de portas ás 21 h. As entradas pódense mercar en www.tui.gal até mañá venres ás 20.30 h. Teñen un prezo de 8€, e 6€ para público infantil e as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos.
Marta Alonso dirixe e leva a escena este espectáculo con música de Xabier Bértolo e iluminación de Lara Iturralde. “Bailar Agora” recibiu tres Premios María Casares 2021 o de actriz protagonista para Marta Alonso Tejada, o de iluminación para Laura Iturralde e o de dirección para Marta Alonso Tejada ex aequo con Gonçalo Guerreiro.
En “Bailar Agora” a danza, o humor e a cercanía co público xeran unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se se comparte na escena. coproducida polo Centro Coreográfico Galego.
Marta Alonso traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. Dende 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra.