viernes. 22.11.2024

O secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o escritor Alfredo Conde presentaron hoxe en Vigo a novela Homes de Ferro, unha obra que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de O teu Xacobeo e na que se rende homenaxe a viaxe dun grupo de amigos irlandeses que completaron o Camiño de Santiago a remo desde Dublín a bordo do Naomh Gobnait, un bote de remos.

Durante a súa intervención, García Gómez loou a importancia desta novela na que Alfredo Conde aproveita esta aventura para abordar ás primeiras peregrinacións irlandesas achegando referencias filosóficas e etnográficas sobre a esta ruta empregada en milleiros de peregrinacións entre os séculos XIII e XV. Nesta liña, o secretario xeral destacou a capacidade de unir fronteiras da obra que, ademais de publicarse en galego, contará cunha versión en castelán e outra en inglés.

A novela, cuxa presentación acolleu o Museo do Mar de Galicia, onde está exposto o bote, forma parte do proxecto cultural Camiño por Mar, da Asociación Galega do Patrimonio Industrial. Trátase dunha iniciativa incluída en O teu Xacobeo mediante a cal se reconstruíu o bote empregado por estes peregrinos despois de que, no ano 2017 e tras completar o Camiño, sufriran un fatídico accidente en Caminha. O proxecto conta tamén cunha peza audiovisual e unha páxina web coa que pretenden recuperar e poñer en valor esta ruta marítima que une Irlanda con Galicia.

Na presentación participaron, xunto ao secretario xeral e o autor, o editor Alejandro Diéguez e Manuel Lara, presidente de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, entidade impulsora do proxecto Camiño por mar.

2.500 QUILÓMETROS POR MAR

A novela está baseada na historia deste grupo de amigos irlandeses que decidiu construír o Naohm Gobnait para percorrer 2.500 quilómetros por mar e que chegou ao porto de A Coruña despois de completar diferentes etapas. Esta aventura concluíu con éxito no ano 2016, coincidindo co 800º aniversario da primeira peregrinación irlandesa. Lamentablemente, un ano despois e mentres facían unha ruta pola costa galega, o grupo sufriu un accidente en Caminha que acabou coa morte dun dos integrantes e coa embarcación, agora reconstruída por Buxa, completamente estragada.

'Homes de Ferro', os irlandeses que completaron o Camiño de Santiago a remo desde...