Nunca unha cachena lucirá tan grande, Xulio", díxolle Inés, a alcaldesa de Castro Caldelas, ao artista. Referíase ao mural que tiña que pintar o creador de Forxán, Xulio Fontes, no Pavillón Deportivo de Entrimo.

Ás 8 da mañá do primeiro día, o creador de Forxán xa estaba subindo e baixando chanzos para instalar os andamios, á espera da primeira autoridade, o socialista Ramón Alonso López, para iniciar a obra que representaría a raza cachena a través da plástica en 180 metros cadrados de parede, 40 metros de longo por 4,5 de alto.


o muralde Xulio Fontes
que revoluciona Entrimo.
Foron xornadas de moito traballo. Comezaba ás 8:00, ás 14:00 xantaba e logo, ás 15:30, ata as 21:00.
Os petróglifos coas cachenas quedan ben, andan ceibas polo Anabán e nestas terras raianas existen moitas mámoas.
"Hai un libro de Ferrín", comenta Xulio cando lle preguntan o nome do monte.
A colaboración total por parte da veciñanza e da alcaldía foi mellor imposible.
Salvo un par de xornadas, o alcalde viña ata o pavillón e outros veciños achegábanse a conversar.

de Entrimo con cachenas
e petróglifos.
Do mesmo xeito que noutrora pintara os postes da luz en Quintela de Leirado, coincidiu, despois de tanto tempo, co axudante que tivera naqueles días, o que limpara os postes da luz, nun reencontro case milagroso. E pensar que algunha intervención de Quintela de Leirado está oculta polos colectores de lixo.
Sexa como for, o recinto deportivo de Entrimo xa ten outra vida. Pastan as cachenas entre o territorio abonado de cultura castrexa, un signo de identidade do lugar trasladado ás paredes do recinto deportivo por un artista con berce nas saias do Penagache, onde despois desta intervención, no verán, vai intervir plasticamente nas portas e contras para darlle vida a Forxán a través das cores.

Entrimo mudou e será outra festa da cultura cando, nos próximos días, a obra do mesmo artista ocupe as paredes do Museo Pura Santos, un compromiso social e tradición neste territorio da inesquecible mestra do concello que dá nome ao espazo museístico.