O Ateneo Cultural de Bembrive, creado o 1 de outubro de 1984, inicia a súa andadura baixo a iniciativa de Roberto Carlos Lobato Abalde, con 20 nenas e nenos. Nos inicios do ano 1996, asume o reto D. Xavier González Lamas, creando unha Escola de Música que actuou por primeira vez o 19 de decembro de 1996, no Auditorio Centro Cultural Helios de Bembrive. Non é ata o 6 de febreiro de 1999 cando se presenta oficialmente, apadriñada pola Banda Agrupación Musical de O Rosal e, o 30 de maio do mesmo ano, no Auditorio do Concello de Vigo.
Sucedéronse concertos con máis asiduidade, incluso no Norte de Portugal, Navarra ou Toledo. En 2019, recibe a "Mazá de Ouro" pola súa labor social, educativa e cultural, e obtén diversos galardóns, entre eles o 2º Premio no Certame Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en 2004, e o Primeiro Premio no II Certame Zonal de Vigo da Excma. Deputación Provincial en 2009.
Dende xaneiro de 2020, dirixe a Banda Iván Carreira. "Agüero" de José Franco.
A Praza de Princesa, o pasado domingo, a pesar das altas temperaturas, abarrotada para para escoitar o Ateneo Cultural de Bembrive. "Poeta e Aldeán" de Franz von Suppé; e "Sinatra in Concert" con arranxos de Jerry Nowak foron algunhas das obras interpretadas en Vigo o día do Cristo da Victoria.